Ameijide pide a Tomé que Fitur sea un revulsivo para que el turismo «volva a ser un dos motores económicos de Lugo»
El portavoz popular denuncia que el «abandono ao turismo dos últimos anos realizado por PSOE e BNG vese reflectido no paulatino descenso de recursos económicos e apoio dende a Deputación».
Mañana comienza una nueva edición de Fitur y los diputados del Grupo Provincial Popular en la Diputación de Lugo denuncian que «aínda nada se sabe da promoción que realizará o goberno provincial nesta feita internacional de turismo».
El portavoz provincial popular, Antonio Ameijide, explica que Fitur «sirva como revulsivo despois de comprobar como o turismo non é unha preocupación para o goberno de Tomé, a pesar de que anos atrás, con goberno do Partido Popular á fronte da Deputación si que se coidou e tivo a este sector como unha referencia de xeración de riqueza e como un dos motores económicos da provincia».
Para Ameijide, «a realidade é que José Tomé, dende que chegou a presidencia da Deputación de Lugo, maltratou ao sector turístico provincial, ata o punto de reducir a aportación económica para a difusión da imaxe da provincia en cada orzamento provincial».
«Un exemplo de que o turismo era unha prioridade para os gobernos provinciais do Partido Popular foi a aposta polos embarcadoiros e catamaráns, mentres Tomé prefire non coidalos ata o punto de crear un desguace para os catamaráns na nave que a Deputación de Lugo ten en Begonte», explica.
El portavoz popular indica que «é certo que dan certa promoción á Mariña, pero non se pode entender que non se coiden as estradas xa que o nulo mantemento realizado pola Deputación de Lugo nas estradas provinciais da Mariña dificulta a mobilidade a veciños e turistas, así como o acceso ás praias e puntos de interese turístico».
Para los populares «é unha mágoa que non se empregue o Consorcio de Turismo Provincial como unha ferramenta de difusión da imaxe da provincia na que todos os integrantes poidamos aportar o noso punto de vista para acadar os mellores consensos para fomentar a chegada de turistas á provincia». En este sentido, Ameijide lamenta que desde el gobierno provincial «unicamente se empregue este órgano como un lugar para facer unha rolda de prensa ao ano, a porta pechada, para indicar onde estivo o presidente provincial ao longo do ano».
Por último, los populares piden que el gobierno provincial «coide, adecuadamente, as propiedades que ten para poder difundir a súa imaxe e atraer turistas». «Non estamos en contra da adquisición de novos inmobles como pode ser o Castelo de Doiras, pero hai cousas que non se poden entender, como que se merque un inmoble por un prezo catro veces superior ao que a adquiriu o anterior dono para dar un beneficio de 690.000€ a unha fundación dirixida por un cargo socialista a nivel autonómico. A realidade é que antes de adquirir novas propiedades a Deputación de Lugo debería de coidar adecuadamente as que xa ten», finalizan.