Presentada unha nova edición da iniciativa 'Sanci Tapeando'
Este próximo xoves, 19 de outubro, volve o 'Sanci Tapeando' á hostalería de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo. A cita gastronómica, na que participan a cafetería Aquelarre, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e a Pizzería O Trasgo, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Turismo, David Rodríguez, e por unha representación dos locais que se sumaron á proposta.
Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa, que botou a andar no ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros. Os clientes dos xoves terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.
As propostas para este xoves, 19 de outubro, son as seguintes:
• Pizzería O Trasgo: taquiños de pito
• Terraza O Noso Lar: hamburguesa de tenreira con cebola caramelizada e queixo San Simón
• Bar O Faro: torrada de chacina “Faro”
• Cervecería Las Titas: torresmo de Soria con ovo e patacas fritas
• Cafetería Aquelarre: espetada moura
• A Bodega de Ana: salpicón
Para máis información e para facer un seguimento das tapas que se servirán cada semana está tamén habilitada a conta de Facebook Sanci Tapeando. O Concello de Cervo anima á veciñanza e visitantes a participar nesta nova edición do Sanci Tapeando que é unha boa mostra da calidade culinaria da hostalería do noso municipio.