Sargadelos celebrará as súas festas na honra de Santiago Apóstolo o 24 e o 25 de xullo
19 de julio de 2023 (12:40 h.)
A festa, organizada polo Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula, arrincará o luns cunha espetada moura ás 20 h, seguida dunha gran verbena amenizada pola orquestra Trébol e a Disco Móbil Conxuro.
O día grande, o martes, ás 13 h, terá lugar a misa solemne seguida de procesión; e a continuación será o vermú e o "tardeo" da man de Disco Móbil Conxuro. Ademais, serviranse racións de churrasco e chourizo no mediodía do 25 de xullo. Desde a organización, animan a veciños e visitantes a gozar dos festexos nunha contorna excepcional como é o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.