Esta é a programación da Festa das Dolores de Cervo
21 de septiembre de 2023 (13:18 h.)
A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana. A primeira tenenta de alcaldesa, Mali Méndez, a edil de Asuntos sociais, Pilar Armada, e os membros da Comisión de Festas, Juan José Pardo e Federico Lage Casas, presentaron o evento no Concello de Cervo.
A cita comezará o sábado 23 coa sesión vermú a cargo de Charanga Europa, que repetirá na verbena pola noite seguida da Disco Móbil Conxuro. Este mesmo día, ás 18 h, haberá un Masterchef infantil a cargo da asociación Airiños do Xunco, que terá lugar na praza do Souto.
Xa o domingo 24 haberá misa solemne ás 13 h e procesión acompañada polo grupo local Fol do Raxal, seguida da sesión vermú prolongada que protagonizará a Disco Móbil Conxuro.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Cervo.