Castelo, en Cervo, celebrará as súas festas na honra da Nosa Señora do Rosario

A parroquia de Castelo, en Cervo, celebrará a festa na honra da Nosa Señora do Rosario a fin de semana do 7 e 8 de outubro.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación da asociación Cabaleiros do Xunco, que organiza a festa coa colaboración do Concello de Cervo e da Comunidade de Montes Medela e Rozada.


Os festexos comezarán o sábado 7 ás 13 h coa misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo e a posterior procesión. A continuación,  haberá sesión vermú a cargo do Grupo Fénix; que repetirá na verbena co Grupo Pasión, a partir das 22 h.


Xa o domingo 8 haberá misa solemne de novo ás 13 h cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A continuación, terá lugar a procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal, seguida da sesión vermú amenizada polo Dúo Belinda.


O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Castelo.