El BNG de Cervo rechaza los presupuestos del equipo de Gobierno

Diego Fernández, portavoz nacionalista en Cervo
Los nacionalistas estiman que «non atenden as urxentes necesidades da veciñanza»

El BNG votó en contra de los presupuestos 2025 del Concello de Cervo. El portavoz Diego Fernández explicó que «os orzamentos propostos polo equipo de goberno carecen dun enfoque adecuado para abordar as necesidades máis urxentes da veciñanza. A responsabilidade do goberno local debe ser velar polo benestar de todos os veciños, priorizando medidas que incidan directamente na calidade de vida dos cidadáns».

Diego Fernández denunció «a ausenza dun plan municipal de vivenda, un problema que afecta a moitas familias, sobre todo a mozos, que se ven obrigados a abandonar o municipio en busca de vivenda asequible. A pesar da gravidade desta situación, os orzamentos non contemplan medidas específicas nin partidas orzamentarias para afrontala». «A vivenda é un dereito fundamental e un Concello ten a responsabilidade de garantir o acceso a unha vivenda asequible. Non podemos permitir que os nosos mozos e familias teñan que abandonar o municipio porque non teñen onde vivir», sostuvo.

Los nacionalistas también hicieron referencia al mantenimiento de las infraestructuras municipales, que consideran que «non debe ser unha opción, senón unha prioridade». «É necesario investir na mellora dos sistemas de saneamento e na ampliación das telecomunicacións para que todos os habitantes, independentemente do seu lugar de residencia, podan acceder aos mesmos dereitos e servizos básicos», relató Diego Fernández. 

«É importante que entendamos que hai que xestionar con responsabilidade os recursos públicos. O gasto excesivo en festas, mentres se descoidan as necesidades básicas dos nosos cidadáns, é un exemplo de mala priorización das políticas públicas. Necesitamos un orzamento que invista no que é verdadeiramente urxente: un plan de vivenda accesible a todos, un mantemento adecuado das nosas infraestruturas, mellora dos servizos básicos no rural e xestión responsable dos recursos públicos. Este orzamento non responde a estas necesidades, polo que os votos do BNG de Cervo non serán a favor», argumentó Fernández.