O alumnado de Cervo Concilia divírtese coa iniciativa "Ti si que es un bo peixe"

O alumnado de Cervo Concilia gozou esta mañá dunha iniciativa didáctica e moi divertida da man do programa Ti si que es un bo peixe.
 

Unha iniciativa que parte da Consellería do Mar e que naceu co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.
 

As crianzas, por medio de xogos e diferentes actividades, puideron coñecer un pouco máis sobre os recursos que captura a frota galega e os beneficios que ten consumilos con frecuencia.