A inauguración das pistas de atletismo de Cervo contará coa presenza de Adrián Ben e Óscar Husillos
24 de octubre de 2023 (19:56 h.)
Os actos de inauguración das pistas de atletismo da Veiga, que terán lugar o vindeiro martes, 31 de outubro, contarán coa presenza dos atletas Adrián Ben e Óscar Husillos.
Ás 10 h levarán a cabo un adestramento aberto ao público Óscar Husillos, campión de Europa de 400 metros en pista cuberta; e o viveirense Adrián Ben, campión europeo de 800 metros en pista cuberta. Xa ás 12 h, terá lugar a inauguración a cargo das autoridades.
Posteriormente, ás 12:15 h, desenvolverase unha charla deportiva cos dous atletas anteriormente mencionados e con Guille Sandino, xuíz internacional de atletismo. O evento finalizará ás 13 h cunha carreira de relevos co Club Deportivo San Ciprián e co Club Maderas Barcia Cervo, na que tamén participará Víctor Riobó, atleta internacional de medio fondo.