Os creadores de Burela Surf Club: «Queremos facer cousas polos veciños, ademais de achegar o surf»

Os creadores de Burela Surf Club nun dos seus podcast.
Iván Penelo, Enol Valdes, Bruno Valle, Nacho Muiño e Bruno Oroza descríbense como un grupo de amigos que aman as ondas. Desta paixón quixeron facer unha asociación sen ánimo de lucre coñecida como Burela Surf Club, co propósito de achegar este deporte aos veciños da Mariña Lucense e mais a realizar actividades para coidar o medio ambiente e ao propio ecosistema marino.

Iván Penelo, Enol Valdes, Bruno Valle, Nacho Muiño e Bruno Oroza descríbense como un grupo de amigos que aman as ondas. Desta paixón quixeron facer unha asociación sen ánimo de lucre coñecida como Burela Surf Club, co propósito de achegar este deporte aos veciños da Mariña Lucense e mais a realizar actividades para coidar o medio ambiente e ao propio ecosistema marino. A agrupación surfista ten pensado moitas propostas para achegarse á veciñanza da mariña co seu podcast e as súas diversas actividades: "Facemos charlas con surfistas representativos a nivel nacional ou comarcal, damos medidas de seguridade para practicar o deporte sen riscos. Tamén ensinamos a coñecer mellor o noso mar e, próximamente faremos bautizos de surf". Todo isto non pasou desapercibido tampouco para os productores do programa "Viajeros Cuatro" onde saíron ensinando ás marabillas da comarca e o seu deporte favorito: o surf.

Como nace a vosa proposta?
Somos un grupo de amigos que surfeamos xuntos e que levamos moito tempo vivindo o surf dunha maneira moi fraternal, amigable e de bo rollo e, un día, ocurríusenos a idea de montar un club para que máis xente se nos unira para practicar este deporte cos mesmos valores que temos nós (ou parecidos).

De que valores estamos falando?
A nosa entidade é unha asociación sen ánimo de lucre que máis que ofertar dar clases á xente que vén de fóra e intentar lucrarnos do deporte que nos gusta, intentamos achegarlle o noso deporte á veciñanza do noso pobo. 

E de que formas achegades o deporte?
Pois facémolo dende múltipoles formas. Somos cinco os que creamos esta proposta e, por exemplo, Nacho tamén participa nunha entidade chamada "A Mariña Sen Plasticos" (@_amasep_) e esta entidade adícase á recollida de plásticos  e o mantemento das praias da Mariña Lucense, sobre todo de Burela. Por este motivo, tamén nós colaboramos moito con eles nesa recollida e mantemento das praias.Intentamos coidar o medio ambiente. Por outro lado, Bruno Valle adícase á música e por esa parte intentamos vincular esta parte co surf. Tamén temos unha parte máis competitiva e, o compañeiro Enol estivo partifipando estos días no Viveiro Surfing Family e quedou cuarto, de feito.Finalmente, Bruno Oroza é a parte que se adica máis ao aspecto físico e ao entreno persoal.

As persoas que queiran ver o que facedes, onde vos pode atopar?
Temos o noso Instagram @burelasurfclub e tamén temos unha canle de Youtube e outro de Spotify, que se adica a entrevistar a persoas que son representativas do deporte e na Mariña ou que foron pioneiros na práctica deste deporte, antes de que nós empezáramos. Son xente que ten moito valor para nós, pero que non teña o mesmo valor para a sociedade que o que ten para o noso grupo. Intentamos que eles sexan recoñecidos.

 

Burela Surf Club facendo o seu deporte.

Facedes tamén clases de surf?
Clases como tal estamos en proceso. Agora mesmo temos activa clases educativas nos nosos post nas redes ou en Youtube como poden ser as características que ten que ter o mar para poder entrar, as medidas de seguridade para que un surfista para que non estorbe (por decilo dalgunha forma) e agora estamos iniciando un proxecto para facer bautismos de surf para a veciñanza. Este é un proxecto que se chama "Ondas limpas"  e estamos intentando achegar o surf de maneira físca a toda estas persoas locais. Tamén organizamos charlas con surfistas representativos da zona ou a nivel nacional. Intentamos que veñan surfistas para que nos falen das ondas grandes, seguridade. Tamén contactamos con mulleres para potenciar o surf nas mulleres na Mariña Lucense. Sacamos moitas cousas interesantes desas entrevistas.

Aínda faltan mulleres que se interesen polo surf na Mariña?

Faltan en todos os sitios. Ao non haber tantos referentes tampouco  vas para a auga sen os teus amigos e, por iso, queremos dar a coñecer estas figuras femeninas para que máis público de mulleres se acheguen a este deporte.

O voso grupo é máis coñecido polo voso podcast. Como surxe a idea?
No momento de facer a asociación. Bruno Valle quería facer un podcast e pareceunos boa idea e vai todo da man con todo o que facemos. Comezamos en setembro do ano pasado e estamos moi contentos. Temos un balance positivo e a expectativa é que crezamos máis.

Onde é o voso punto de encontro para facer as gravacións?
Non temos un local adecuado para isto, nin temos estudos do tema. Nun principio o Concello de Burela deixounos as instalacións da radio local para facer o noso proxecto. Pero a localización non tiña o ambiente que nós buscábamos e, actualmente, ímos cambiando o lugar segundo o noso invitado. Por exemplo, estivemos no salitre e nunha cabina de facer táboas de surf. Se a algún dos nosos invitados lle gusta a Marosa pois adecuaremos a entrevista nesa zona. Ao final gravamos cuns micrófonos e cun móvil e iso permítenos adaptarnos e darlle ese valor aos noso invitados. Iso é o que máis nos motiva.

Cal é a vosa expectativa a futuro?
Queremos ir crecendo pouco a pouco e sentir que facemos algo porlo surf galego e pola cultura do lugar. Funcionamos día a día e, ao final esa é a nosa filosofía de vida. Se vén un rapaz ou rapaza a practicar o surf e non ten sufucientes amigos para facelo, pode contar con nós para sentirse apoiado e xerar comunidade e bo rollo.

A xente que queira participar na asociación como pode facer?
Pode facerse socio da nosa asociación e terá descontos, merchandising, a oferta das nosas actividades en primicia, entre outras moitas cousas. Polo prezo de 30 euros ao ano pode acceder ao noso grupo de WhatsApp para saber máis da nosa comunidade, competicións, charlas, entre as outras vantaxas que comentamos antes. Sobre todo queremos trasladar a nosa filosofía de respetar o mar e o bo rollo.Tamén pode contactar con nós polas redes sociais e estaremos encantados de resolver as súas dúbidas.

Burela Surf Club