Burela recibe a visita dun grupo de estudantes de Antropoloxía da USC

O Concello de Burela recibiu a un grupo de alumnas e alumnos da Facultade de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, situada no Campus de Lugo, acompañados de varios profesores. O grupo estudantes atópase realizando un traballo sobre o mundo mariñeiro, polo que viñeron coñecer diferentes localizacións da vila relacionadas con este ámbito.

A alcaldesa, Carmela López,  e os tenentes de alcaldesa, Mario Pillado e Ramiro Fernández Rey, recibiron ao grupo na Casa do Concello. Despois, visitaron o barco museo Reina del Carmen, destacando o bo estado de conservación do mesmo.


O grupo visitou tamén a Confraría de Pescadores, o local da Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns A Moncloa, e mais o mural realizado no solar da antiga conserveira como parte do proxecto Burela-IN do pasado ano 2022.

Ramiro Fernández Rey, responsable entre outras das áreas de Turismo e Mar, quixo agradecer a visita ao estudantado e tamén particularmente á profesora impulsora da mesma, Elena Freire: «visitas como esta son moi positivas, pois permítennos dar a coñecer o noso patrimonio». «Estamos moi
agradecidos e satisfeitos polo éxito da visita, tal e como nos transmitiron alumnado e profesorado», engadiu.