A alcaldesa de Burela, Carmela López, reparte as áreas de goberno
A alcaldesa de Burela, Carmela López, asinou o reparto das áreas de goberno para este novo mandato. O pleno extraordinario de organización está previsto que se celebre o próximo xoves, 29 de xuño.
Mario Pillado, primeiro tenente de alcaldesa, será o responsable das áreas de Xustiza Social, Mocidade e tamén Educación. Ramiro Fernández Rey, segundo tenente de alcaldesa, levará as Áreas de Obras e Benestar Comunitario, Turismo e Mar. Lina Gómez Pardo será a concelleira delegada de Cultura e Comercio de Proximidade; Patricia Gómez Eijo levará as delegacións de Economía e Facenda, Festas e Festexos; Alejandra Fernández Cillero farase cargo da Delegación de Igualdade e Servizos Sociais; e Carlos Méndez Pena será o concelleiro de Deportes e Sanidade.
Da xunta de goberno local formarán parte Carmela López, Mario Pillado, Ramiro Fernández, Lina Gómez e Patricia Eijo.