Pilar García Porto, alcaldesa de Antas de Ulla, explicó la deuda contraída por el anterior gobierno local con Advon SL. Según relató, la deuda «inicialmente contraída coa empresa Galitec Desarrollos Tecnológicos SL, orixinouse en 2017, ao deixar o goberno de Javier Varela sen pagar as obras no campo de fútbol municipal Castro Seoane. A empresa reclamou por vía xudicial e o anterior goberno foi condeado en 2021 a pagar a débeda con intereses e pagar o costo do proceso, o cal aumentou aínda máis a carga sobre as contas municipais. A cantidade ascendeu así a 170.372,42, duplicando o custo inicial das obras».
La regidora indicó que «despois da sentenza e de que un fondo de investimento mercara a débeda da empresa, Varela comprometeuse a pagar empezando polo 45% do importe, 76.667,61 euros, e o resto en pagos mensuais. Tampouco cumpriu co seu compromiso». «A administración desleal e irresponsable do anterior Goberno local endebedou ao Concello, arrastrándoo a unha situación sen precedentes e perxudicando gravemente deste xeito a toda a veciñanza de Antas de Ulla», añadió.
Sobre los avances en los últimos meses, García Porto manifestó que «a pesar das nosas reunións e os nosos intentos por renegociar a débeda coa entidade, esta amosou a súa vontade de non seguir negociando e continuar pola vía xudicial. Dende que comezamos gobernar en 2023 pagamos 170.000 euros da débeda contraída polo anterior executivo e estamos ao día cos gastos que fixemos, pero temos moitas limitacións por culpa da situación herdada. O mandato comezou cunha débeda de 1,5 millóns, detectando entón que se desviaran 816.000€ euros de fondos europeos para a Casa da Cultura ao pago de facturas, xa que que se deixaran sen pagar 341.072,63 euros de luz».
En consecuencia, según afirmó García Porto, «todo isto fai que a política do Concello teña que vir dictada polas sentencias xudiciais, poñéndo a todo o municipio nunha situación moi complicada na que a veciñanza é a maior perxudicada».